Preguntas Frecuentes
As propias receitas non se almacenan neste sitio web, senón que xéranse tratamentos a partir dos seus datos.
Non obstante, cando nos sistemas de Aira se dispoña da receita en formato dixital, entrando na ficha do tratamento atoparás unha ligazón para descargala no apartado dos datos da receita.
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
No menú Facturas hai tres entradas diferentes onde pode atopar:
Facturas de compras
Facturas de venda de leite
Outras facturas de venda, por exemplo, gando, produtos de horta, etc.
Dentro de cada unha das opcións, as últimas facturas móstranse de forma predeterminada, pero pode usar o botón Cargar máis ou utilizar o motor de busca para ver as facturas anteriores. Están dispoñibles a partir de 2018.
As facturas teñen un botón para poder descargar o documento PDF asociado. É posible que as facturas máis antigas non se poidan descargar.
Tamén é posible que as facturas máis recentes non se poidan descargar. Este problema debería resolverse nunhas horas. Se despois disto o problema persiste, use o menú de contacto superior para indicarnos cales son as facturas que non ten dispoñibles para descargar.
Unha vez que inicie sesión, despois de facer clic no nome, poderá acceder á sección A Miña Conta.
Neste apartado pode ver información sobre os asesores que ten asignados, a seus datos de contacto e acceder a diversos documentos que a cooperativa poña a súa disposición.
En socios.aira.es pode consultar os pedidos de penso a fábrica existentes, e facer pedidos novos.
Dispón de dous menús diferentes.
Pedidos pendentes:
Pode ver os pedidos que ten pendentes de entregar
Pode facer un novo pedido en base os artigos consumidos nos últimos meses
Pedidos entregados:
Pode ver os pedidos xa entregados
Pode facer un novo pedido, duplicando un existente
Para calquera dúbida ou problema pode usar o menú de contacto para reportar o problema.
Este método para facer pedidos non substitúe aos anteriores, se non que é complementario, polo que ante calquera problema pode facer o pedido polo método habitual (teléfono, WhatsApp, ...).
O sitio web do socio non é nin ten aplicación móbil. Non obstante, pode instalala en cualquera dispositivo (tableta, móbil ou ordenador) coma se fose unha aplicación nativa do sistema debido a que está feita con tecnoloxía WPA (Aplicación Web Progresiva).
Mentres navega polo sitio web do socio, o propio navegador lle debería suxerir a instalación da app do socio de forma automática. Sen embargo, se este non fose o caso, non importa, pode instalala igualmente de forma manual de dous xeitos, dependendo se o fai dende un ordenador ou outro dispositivo (móbil ou tableta):
No ordenador: Pulse a icona (un pc con frecha cara abaixo) da barra superior no lado dereito
Noutros dispositivos: Prema na icona de configuración (Tres puntos). Ir a gardar e compartir. Alí xa lle aparece a opción de: Instalar WPA Socios Aira
O sitio web de socios non é nin ten aplicación móbil ainda que sexa posible instalala coma unha aplicación nativa do sistema:
Para máis información, vexa a nosa pregunta frecuente: ¿Cómo instalar a app de socios no móbil?
Non confunda a web de socios coa aplicación móbil de Aira dispoñible na tenda de aplicacions de Iphone ou Google: Aira SCG.
Dentro do sito web de socios mediante o menú de aplicación móbil pode acceder as instruccions de instalación.