Preguntas Frecuentes

En socios.aira.es pode consultar os pedidos de penso a fábrica existentes, e facer pedidos novos.

Dispón de dous menús diferentes.

Pedidos pendentes:

  • Pode ver os pedidos que ten pendentes de entregar

  • Pode facer un novo pedido en base os artigos consumidos nos últimos meses

Pedidos entregados:

  • Pode ver os pedidos xa entregados

  • Pode facer un novo pedido, duplicando un existente

Para calquera dúbida ou problema pode usar o menú de contacto para reportar o problema.

Este método para facer pedidos non substitúe aos anteriores, se non que é complementario, polo que ante calquera problema pode facer o pedido polo método habitual (teléfono, WhatsApp, ...).

Este sitio web está dispoñible en dous idiomas: Español e Galego. Use o selector de idiomas con bandeiras para cambiar de idioma.

O sitio web de socios non é nin ten aplicación móbil ainda que sexa posible instalala coma unha aplicación nativa do sistema:

Non confunda a web de socios coa aplicación móbil de Aira dispoñible na tenda de aplicacions de Iphone ou Google: Aira SCG.

Dentro do sito web de socios mediante o menú de aplicación móbil pode acceder as instruccions de instalación.

Usando o menú superior Iniciar Sesión e indicando o correo electrónico e contrasinal que estableceu no proceso de rexistro.

Se non recorda o seu contrasinal pode modificalo a través da opción Reiniciar contrasinal 

No menú superior de Preguntas Frecuentes recóllese unha serie de cuestións relativas ó funcionamento da páxina.

Tamén pode atopar axuda premendo directamente a icona recóllese unha serie de cuestións relativas ó funcionamento da páxina.

No caso de que con isto non sexa suficiente pode poñerse en contacto co departamento de informática usando o menú superior Contacto. OLLO! é importante asegurarse de indicar neste formulario un correo electrónico correcto, xa que será a onde se faga chegar a resposta ó problema plantexado.

Algúns apartados deste sitio web son privados, e polo tanto, de uso exclusivo para usuarios rexistrados.

Pode solicitar a alta como usuario se é cliente de AIRA SCG, a través do formulario de alta.

O sitio web do socio non é nin ten aplicación móbil. Non obstante, pode instalala en cualquera dispositivo (tableta, móbil ou ordenador) coma se fose unha aplicación nativa do sistema debido a que está feita con tecnoloxía WPA (Aplicación Web Progresiva).

Mentres navega polo sitio web do socio, o propio navegador lle debería suxerir a instalación da app do socio de forma automática. Sen embargo, se este non fose o caso, non importa, pode instalala igualmente de forma manual de dous xeitos, dependendo se o fai dende un ordenador ou outro dispositivo (móbil ou tableta):

  • No ordenador: Pulse a icona (un pc con frecha cara abaixo) da barra superior no lado dereito

  • Noutros dispositivos: Prema na icona de configuración (Tres puntos). Ir a gardar e compartir. Alí xa lle aparece a opción de: Instalar WPA Socios Aira

        

Debe ir á lista de tratamentos a través do menú Tratamentos

Se ve un aviso de que ten que fixar a data de inicio, é que non a ten fixada e debe utilizar o formulario existente para fixala:

Se ve tratamentos, é que a data de inicio foi establecida correctamente.

Se non ve ningún tratamento, ten que ter en conta que os tratamentos son xerados ao día seguinte da data da receita:

Esta clase de vista permítelle editar varios tratamentos mediante certos campos editables. Os campos editables presentan datos previamente enchidos se os datos xa existen no tratamento, en caso contrario mostrarasen baleiros.

Cada campo editable é independente e pode ser modificado en calquera momento, xa que actualízase automaticamente con cada cambio. No caso de erro ao actualizar mostrarase un panel emerxente que mostrará un erro para o campo correspondente. Un erro nun campo non afecta a ningún outro campo.

Ten que respectar o tipo de datos do campo se non quere obter un erro (Numérico, decimais, datas, texto, ...). Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.

Se non ve ningún tratamento, ten que ter en conta que os tratamentos son xerados ao día seguinte da data da receita:

A finalización do período de espera ou período de supresión para a carne corresponde ao tempo transcorrido desde a finalización do tratamento, engadindo os días que o veterinario indique na receita que sexan necesarios para cada tratamento.

O período de espera pode non aparecer por non corresponder ou ben por si corresponder pero esta información non está dispoñible na receita asociada. En ambos casos aparece no sitio web como: Desconocida

Para os tratamentos finalizados con data de espera de carne, a data mostrada será a data na que remate o período de espera de carne. En cor vermello se aínda está en período de espera ou ben en cor verde se xa se superou a data de espera.

Se o tratamento foi iniciado, pero non finalizou, hai que esperar ata que finalize o tratamento e se poida calcular a data de fin de espera para a carne. Mostraranse como: Pte. Fin Tratamento

Teña en conta que no listado de tratamentos a data de fin de espera de carne só está dispoñible para as vistas de tipo lista e cuadrícula, pero non para a vista de de tipo táboa, xa que ten outra funcionalidade.

Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funciona a vista táboa dos tratamentos? se precisa comprender como funciona.

Cando os medicamentos utilizados no tratamento procedan do botiquín do veterinario, establécese automaticamente como data de inicio do tratamento a data da receita. Enténdese que o veterinario xa iniciou o tratamento coa aplicación da primeira dose.

No caso de que todos os medicamentos da receita teñan unha duración dun día, tamén se establecerá automáticamente como data de finalización do tratamento a data da receita. Enténdese que ou ben o veterinario xa rematou o tratamento ou ben rematará ese día igualmente.

Se un tratamento comeza e remata automáticamente deste xeito, non procede facer nada con mesmo porque estará listo para ser usado no libro de tratamentos.

Estes tratamentos aínda están no sitio web e a forma máis sinxela de atopalos é ordenando os tratamentos por data de finalización ou utilizando o filtro de tratamentos finalizados.

Teña en conta que os tratamentos sen rematar tamén aparecen no libro de tratamentos e que se lles debe indicar a data de finalización no seu caso.

Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Pode haber tratamentos sen finalizar no libro de tratamentos? se precisa comprender como funciona.