Preguntas Frecuentes
É posible que aínda acabe de empezar e/ou obtivera a súa receita xusto hoxe. Daquela non se preocupe, mañá de forma automática terá os datos aquí para vostede.
Tamén é posible que non dispoñamos de datos para a receita nos nosos sistemas pero entón, pode crear un novo manualmente. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
É posible que esté buscando un tratamento que non existe. Asegúrese de que exista. Pode usar o número da receita para atopalo.
Tamén é posible que esté intentando atopar un tratamento descartado pero nese caso non vai poder recuperalo, por favor, solicite recuperalo usando o menú superior de contacto ou por correo soporte@aira.es
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Este sitio web crea e mostra tratamentos creados automaticamente a partir dos datos das receitas existentes nos nosos sistemas para facilitar e reducir a introdución de datos. Os nomes dos tratamentos son xerados automáticamente, sempre a partir do diagnóstico e o número da receita. Isto facilita a comprensión do tratamento e a súa búsqueda.
Se non atopamos datos para unha receita nos nosos sistemas entón non poderemos crear un tratamento automáticamente para vostede e terá que crear un manualmente.
No listado de tratamentos pode buscar, ordenar, filtrar, cambiar o tipo de vista e a cantidade de resultados a mostrar. Tamén pode usar o paxinador sen perder a selección realizada.
En tódolos tipos de vista mostraranse sempre os datos máis importantes para velo todo dun so vistazo e permítelle pulsar no nome do tratamento para velo e obter todo o detalle do mesmo. Na vista detalle pode desprazarse cara abaixo e escoller entre os botóns para editar o detalle ou crear un tratamento novo.
Os tratamentos están pensados para ser impresos mediante un libro de tratamentos e o seu estado calcúlase en función das datas de inicio e fin do tratamento. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
É posible editar un tratamento que se atopa nun libro de tratamentos xa impreso pero recorde que debe xerar un novo libro para aplicar os novos datos e si o descarga tampouco se esqueza de destruír o anterior libro.
Tamén é posible descartar un tratamento (Quizá porque non se vai aplicar) pero entón non vai poder recuperalo, nese caso, solicite recuperalo usando o menú superior de contacto ou por correo soporte@aira.es
O formulario de tratamentos úsase para actualizar ou crear tratamentos. Ten un funcionamiento estándar igual que calquera formulario web. Pode obter máis información na Wikipedia
No noso caso, os campos do formulario agrupanse por seccións de datos relevantes para facilitar poñer rapidamente o foco na información importante.
Os campos marcados con asterisco (*) son campos obrigatorios. Isto significa que non se pode gardar o formulario de ningún tratamento sen encher a información requerida. Os campos requiridos tamén dispoñen dunha auto validación para axudar a introducir os datos correctamente, así como información sobre os datos a introducir debaixo do mesmo, dependendo do caso.
Cando pulsa o botón de gardar o formulario, por detrás e de forma transparente, dispárase unha validación automática do formulario e se todo foi correctamente será redirixido á páxina de agradecemento onde poderá comprobar como quedou a información introducida no formulario e editala ou crear un tratamento novo.
No caso de que ocorra calquera erro ao gardar o formulario, este recargarase mostrando a mensaxe de erro en cor vermello e asociado ao campo correspondente para poder ser atopado facilmente, corrixido e gardar o formulario de novo.
En calquera momento que o desexe pode pulsar o botón Cancelar para saír do formulario pero ten que entender que nalgún caso poderíase gardar algunha información pero aínda nese caso pode usar o buscador de tratamentos para atopalo e comprobar a información do mesmo e editala de ser o caso ou ben descartar ese tratamento.
Se descarta algún tratamento entón deixará de estar dispoñible na lista de tratamentos pero si xa foi xerado un libro de tratamentos que o conteña, seguirá permanecendo no libro mentres non se xere un novo. Por favor, vexa a pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? e/ou ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Os datos do proveedor non aparecen marcados como obrigatorios pero realmente si é obrigatorio establecer de onde proveñen os medicamentos. Isto significa que ou ben marca que os medicamentos proveñen do botiquín veterinario ou ben proporciona o nome e a dirección do proveedor pero en ningún caso ambas cousas.
Os medicamentos pódense engadir pulsando a icona , descartar pulsando a icona ou restaurar pulsando a icona de forma dinámica pero recorde que en calquera caso a cantidade usada debe ser positiva e menor ou igual que a cantidade receitada, xa que non se pode usar máis cantidade da que se ten.
Un tratamento non pode ser borrado ou eliminado pero pode ser descartado. Neste caso, desaparecerá do sitio web pero todavía permanecerá nas nosas bases de datos e poderá ser restaurado de ser necesario.
É posible descartar un tratamento (Quizás porque non se vai aplicar) pero entón non vai poder recuperalo, nese caso, solicite recuperalo usando o menú superior de contacto ou por correo soporte@aira.es
Para descartar un tratamento necesita buscalo, seleccionalo para entrar na vista detalle do mesmo, pulsar o botón de editar, marcar o campo para descartalo e finalmente pulsar o botón de gardar.
Os tratamentos descartados non estarán dispoñibles para xerar libros pero todavía permanecerán nos xa xerados se estes no se xeran de novo. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? e/ou ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Debe ir á lista de tratamentos a través do menú Tratamentos. Alí aparecerá unha mensaxe de aviso para establecer a data de inicio e un botón para acceder ao formulario.
Use o botón para acceder ao formulario e fixar a data de inicio.
Ao día seguinte de establecer a data de inicio comezarán a estar dispoñibles os tratamentos con receitas que teñan a mesma data ou posterior á establecida.
Unha vez establecida a data de inicio e xerados os primeiros tratamentos, cada día seguirase buscando as novas receitas que existan a partir da receita do último tratamento gardado para ir xerando novos tratamentos de forma automática.
Tamén lle pode interesar:
Esta clase de vista permítelle editar varios tratamentos mediante certos campos editables. Os campos editables presentan datos previamente enchidos se os datos xa existen no tratamento, en caso contrario mostrarasen baleiros.
Cada campo editable é independente e pode ser modificado en calquera momento, xa que actualízase automaticamente con cada cambio. No caso de erro ao actualizar mostrarase un panel emerxente que mostrará un erro para o campo correspondente. Un erro nun campo non afecta a ningún outro campo.
Ten que respectar o tipo de datos do campo se non quere obter un erro (Numérico, decimais, datas, texto, ...). Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
A páxina de libros de tratamentos permítelle xestionar o Rexistro de Tratamentos Veterinarios nas Explotacións Gandeiras de acordo á lei actual. Pode facer compatible sen problema este sistema electrónico xunto cos libros físicos existentes dos que dispoña mediante a impresión dos mesmos para gardalos xunto a copia das receitas para telas a disposición da autoridade competente en materia de explotacións gandeiras durante, alomenos, 5 anos.
Os Libros (de) Tratamentos son xerados sempre por ano natural para tódolos tratamentos válidos do ano seleccionado pero non de forma automática. Vostede debe pulsar o botón de xerar no ano desexado e entón xa pode pulsar o botón de descargar para poder descargar e imprimir o mesmo.
Os tratamentos válidos son tódolos non descartados para ese ano que teñan un estado diferente de Non Iniciado. Non se preocupe por non ter todo o ano natural cuberto porque como se recolle o ano natural, se vostede empezou en Marzo, obviamente, irán incluídos.
Cada vez que se xera un libro de tratamentos establécese hoxe e agora como a data de impresión do mesmo pero para os seus tratamentos só se fai a primeira vez, non as sucesivas.
Os Libros (de) Tratamentos son xerados sempre por ano natural para tódolos tratamentos válidos do ano seleccionado pero non de forma automática. Vostede debe pulsar o botón de xerar no ano desexado e entón xa pode pulsar o botón de descargar para poder descargar e imprimir o mesmo. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Si. O libro inclúe todos os tratamentos iniciados, é dicir, cunha data de inicio de tratamento cuberta.
Se no momento en que se xera o libro hai tratamentos sen rematar, aparecerán no libro coa data de finalización cuberta con NON. Cando rematen estes tratamentos, cando se rexenere o libro, xa aparecerán nela coa súa data de finalización.
É importante ter en conta que ao final todos os tratamentos deben estar finalizados no libro, xa que todos finalizan nalgún momento e que será necesario xerar de novo o libro para poder ser trasladados coa data de finalización.
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
As propias receitas non se almacenan neste sitio web, senón que xéranse tratamentos a partir dos seus datos.
Non obstante, cando nos sistemas de Aira se dispoña da receita en formato dixital, entrando na ficha do tratamento atoparás unha ligazón para descargala no apartado dos datos da receita.
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
No menú Facturas atópanse tres entradas diferentes nas que poderá atopar:
Facturas de compra a AIRA
Facturas de venta de leite á cooperativa
Outras facturas de venta, por exemplo, gando, productos de horta, etc.
Dentro de cada unha das opcións mostranse, por defecto as últimas facturas, pero pode usar o botón Cargar máis ou utilizar o buscador para consultar facturas anteriores. Están dispoñibles dende 2018 en adiante.
As facturas teñen un botón para poder descargar o documento PDF asociado. É posible que para as facturas máis antigas non esté dispoñible a descarga.
Tamén é posible que en facturas moi recentes non esté dispoñible a descarga. Este problema debería resolverse nunhas horas. Se tras esto o problema persiste use o formulario de Contacto para indicarnos que facturas non están dispoñibles para descargar.