Preguntas Frecuentes
O formulario de tratamentos úsase para actualizar ou crear tratamentos. Ten un funcionamiento estándar igual que calquera formulario web. Pode obter máis información na Wikipedia
No noso caso, os campos do formulario agrupanse por seccións de datos relevantes para facilitar poñer rapidamente o foco na información importante.
Os campos marcados con asterisco (*) son campos obrigatorios. Isto significa que non se pode gardar o formulario de ningún tratamento sen encher a información requerida. Os campos requiridos tamén dispoñen dunha auto validación para axudar a introducir os datos correctamente, así como información sobre os datos a introducir debaixo do mesmo, dependendo do caso.
Cando pulsa o botón de gardar o formulario, por detrás e de forma transparente, dispárase unha validación automática do formulario e se todo foi correctamente será redirixido á páxina de agradecemento onde poderá comprobar como quedou a información introducida no formulario e editala ou crear un tratamento novo.
No caso de que ocorra calquera erro ao gardar o formulario, este recargarase mostrando a mensaxe de erro en cor vermello e asociado ao campo correspondente para poder ser atopado facilmente, corrixido e gardar o formulario de novo.
En calquera momento que o desexe pode pulsar o botón Cancelar para saír do formulario pero ten que entender que nalgún caso poderíase gardar algunha información pero aínda nese caso pode usar o buscador de tratamentos para atopalo e comprobar a información do mesmo e editala de ser o caso ou ben descartar ese tratamento.
Se descarta algún tratamento entón deixará de estar dispoñible na lista de tratamentos pero si xa foi xerado un libro de tratamentos que o conteña, seguirá permanecendo no libro mentres non se xere un novo. Por favor, vexa a pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? e/ou ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Os datos do proveedor non aparecen marcados como obrigatorios pero realmente si é obrigatorio establecer de onde proveñen os medicamentos. Isto significa que ou ben marca que os medicamentos proveñen do botiquín veterinario ou ben proporciona o nome e a dirección do proveedor pero en ningún caso ambas cousas.
Os medicamentos pódense engadir pulsando a icona , descartar pulsando a icona ou restaurar pulsando a icona de forma dinámica pero recorde que en calquera caso a cantidade usada debe ser positiva e menor ou igual que a cantidade receitada, xa que non se pode usar máis cantidade da que se ten.