Preguntas Frecuentes
Os Libros (de) Tratamentos son xerados sempre por ano natural para tódolos tratamentos válidos do ano seleccionado pero non de forma automática. Vostede debe pulsar o botón de xerar no ano desexado e entón xa pode pulsar o botón de descargar para poder descargar e imprimir o mesmo. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Si. O libro inclúe todos os tratamentos iniciados, é dicir, cunha data de inicio de tratamento cuberta.
Se no momento en que se xera o libro hai tratamentos sen rematar, aparecerán no libro coa data de finalización cuberta con NON. Cando rematen estes tratamentos, cando se rexenere o libro, xa aparecerán nela coa súa data de finalización.
É importante ter en conta que ao final todos os tratamentos deben estar finalizados no libro, xa que todos finalizan nalgún momento e que será necesario xerar de novo o libro para poder ser trasladados coa data de finalización.
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os libros de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
A páxina de libros de tratamentos permítelle xestionar o Rexistro de Tratamentos Veterinarios nas Explotacións Gandeiras de acordo á lei actual. Pode facer compatible sen problema este sistema electrónico xunto cos libros físicos existentes dos que dispoña mediante a impresión dos mesmos para gardalos xunto a copia das receitas para telas a disposición da autoridade competente en materia de explotacións gandeiras durante, alomenos, 5 anos.
Os Libros (de) Tratamentos son xerados sempre por ano natural para tódolos tratamentos válidos do ano seleccionado pero non de forma automática. Vostede debe pulsar o botón de xerar no ano desexado e entón xa pode pulsar o botón de descargar para poder descargar e imprimir o mesmo.
Os tratamentos válidos son tódolos non descartados para ese ano que teñan un estado diferente de Non Iniciado. Non se preocupe por non ter todo o ano natural cuberto porque como se recolle o ano natural, se vostede empezou en Marzo, obviamente, irán incluídos.
Cada vez que se xera un libro de tratamentos establécese hoxe e agora como a data de impresión do mesmo pero para os seus tratamentos só se fai a primeira vez, non as sucesivas.