Preguntas Frecuentes

En socios.aira.es pode consultar os pedidos de penso a fábrica existentes, e facer pedidos novos.

Dispón de dous menús diferentes.

Pedidos pendentes:

  • Pode ver os pedidos que ten pendentes de entregar

  • Pode facer un novo pedido en base os artigos consumidos nos últimos meses

Pedidos entregados:

  • Pode ver os pedidos xa entregados

  • Pode facer un novo pedido, duplicando un existente

Para calquera dúbida ou problema pode usar o menú de contacto para reportar o problema.

Este método para facer pedidos non substitúe aos anteriores, se non que é complementario, polo que ante calquera problema pode facer o pedido polo método habitual (teléfono, WhatsApp, ...).