Preguntas Frecuentes
Esta clase de vista permítelle editar varios tratamentos mediante certos campos editables. Os campos editables presentan datos previamente enchidos se os datos xa existen no tratamento, en caso contrario mostrarasen baleiros.
Cada campo editable é independente e pode ser modificado en calquera momento, xa que actualízase automaticamente con cada cambio. No caso de erro ao actualizar mostrarase un panel emerxente que mostrará un erro para o campo correspondente. Un erro nun campo non afecta a ningún outro campo.
Ten que respectar o tipo de datos do campo se non quere obter un erro (Numérico, decimais, datas, texto, ...). Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Cando os medicamentos utilizados no tratamento procedan do botiquín do veterinario, establécese automaticamente como data de inicio do tratamento a data da receita. Enténdese que o veterinario xa iniciou o tratamento coa aplicación da primeira dose.
No caso de que todos os medicamentos da receita teñan unha duración dun día, tamén se establecerá automáticamente como data de finalización do tratamento a data da receita. Enténdese que ou ben o veterinario xa rematou o tratamento ou ben rematará ese día igualmente.
Se un tratamento comeza e remata automáticamente deste xeito, non procede facer nada con mesmo porque estará listo para ser usado no libro de tratamentos.
Estes tratamentos aínda están no sitio web e a forma máis sinxela de atopalos é ordenando os tratamentos por data de finalización ou utilizando o filtro de tratamentos finalizados.
Teña en conta que os tratamentos sen rematar tamén aparecen no libro de tratamentos e que se lles debe indicar a data de finalización no seu caso.
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Pode haber tratamentos sen finalizar no libro de tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Debe ir á lista de tratamentos a través do menú Tratamentos
Se ve un aviso de que ten que fixar a data de inicio, é que non a ten fixada e debe utilizar o formulario existente para fixala:
- Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como establezo a data para comezar a usar os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Se ve tratamentos, é que a data de inicio foi establecida correctamente.
Se non ve ningún tratamento, ten que ter en conta que os tratamentos son xerados ao día seguinte da data da receita:
- Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
Cada tratamento debe corresponder a un número de prescripción diferente; polo tanto, no caso excepcional de que sexa preciso rexistrar no libro un tratamento para o que non se emitiou receita (Como o conocido caso da lingua azul), terá que crear un de forma manual.
Debido a que o número da receita non se pode repetir, i é un campo obrigatorio, a recomendación é utilizar un patrón que indique a diagnóstico e a data, por exemplo:
- Nº Receita: 02012025
- Diagnóstico: Lingua azul
Con este método:
- Para buscar todos os tratamentos de lingua azul, bastará introducir lingua azul no buscador
- Para buscar un tratamento do 2 de Xaneiro de 2025, bastará introducir 02012025 no buscador
É posible que esté buscando un tratamento que non existe. Asegúrese de que exista. Pode usar o número da receita para atopalo.
Tamén é posible que esté intentando atopar un tratamento descartado pero nese caso non vai poder recuperalo, por favor, solicite recuperalo usando o menú superior de contacto ou por correo soporte@aira.es
Por favor, vexa a nosa sección de preguntas frecuentes ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.
É posible que todavía acabe de empezar e/ou fose emitida hoxe a súa primeira receita. Entón non se preocupe, mañá, de forma automática terá aquí os datos dispoñibles.
Tamén é posible que non dispoñamos de datos para a receita nos nosos sistemas pero entón, pode crear un novo tratamento de forma manual. Por favor, vexa a nosa pregunta frecuente ¿Como funcionan ou se usan os tratamentos? se precisa comprender como funciona.